Jude Bellingham
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Jude Victor William Bellingham 29 de xuño de 2003 (21 anos) Stourbridge, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Loughborough College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2019 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Inglaterra | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | English Football League, Fußball-Bundesliga e Primeira División Española | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2024 | Eurocopa de Fútbol de 2024 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2022 | Mundial de Fútbol Qatar 2022 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Eurocopa de Fútbol Europa 2020 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Mark Bellingham | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Jobe Bellingham | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jude Victor William Bellingham, nado en Stourbridge, Inglaterra, Reino Unido, o 29 de xuño de 2003, máis coñecido como Jude Bellingham, é un futbolista británico que xoga de centrocampista no Real Madrid, da Primeira División de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Birmingham City F.C.
[editar | editar a fonte]Con 8 anos uniuse ás categorías inferiores do Birmingham City F. C. e cumpridos os 16, realizou a pretemporada co primeiro equipo.[1][2] O 6 de agosto de 2019, tras debutar no partido que perderon 3-0 ante o Portsmouth F. C. na primeira rolda da Copa da liga, converteuse no xogador máis novo en disputar un partido oficial na historia do club con 16 anos e 38 días, superando en 101 días a marca que tiña Trevor Francis desde 1970. 25 días despois, tras anotar o gol da vitoria ante o Stoke City F. C., tamén se converteu no goleador máis precoz na historia da entidade.[1][3]
Borussia Dortmund
[editar | editar a fonte]No período de traspasos de xaneiro de 2020, foi relacionado con varios equipos que xogaban na Premier League.[4] Finalmente, o 20 de xullo fíxose oficial o seu traspaso ao Borussia Dortmund, incorporándose ao equipo alemán tras o último partido da tempada.[5] En Alemaña seguiría levando o dorsal 22, número que o conxunto de Birmingham decidiu retirar tras a súa marcha.[5][6]
O 14 de setembro, no seu debut co Borussia Dortmund, anotou un dos goles do triunfo ante o M. S. V. Duisburgo na primeira rolda da Copa de Alemaña, converténdose deste xeito no goleador máis novo na historia do club alemán.[7] O 20 de outubro debutou na liga de Campións da UEFA e converteuse no inglés máis novo, con 17 anos e 113 días, en saír de titular nun encontro nesta competición superando a marca que ostentaba Phil Foden.[8]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Categorías inferiores
[editar | editar a fonte]Foi internacional con Inglaterra nas categorías sub-16 e sub-17.[9][10]
O 4 de setembro de 2020 converteuse no xogador máis novo en xogar coa selección sub-21. Fíxoo no partido de clasificación para o Europeo da categoría ante Kosovo e, ademais, anotou o definitivo 0-6.[11]
Selección absoluta
[editar | editar a fonte]Dous meses despois de estrearse coa sub-21 foi convocado por primeira vez coa absoluta tras as baixas dalgúns xogadores por lesión.[12] Debutou o 12 de novembro nun amigable ante Irlanda que gañaron por 3-0, converténdose, con 17 anos e 137 días, no terceiro xogador máis novo en xogar co equipo principal de Inglaterra.[13]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano |
---|---|---|
Birmingham City F. C. | Inglaterra | 2019-2020 |
Borussia Dortmund | Alemaña | 2020-actualidade |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]- Actualizado a 6 de febreiro de 2021
Club | Tempada | Liga | Copas Nacionais | Copas da Liga | Europa | Outras | Total | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
División | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | Aparicións | Goles | ||
Birmingham City | 2019–20 | Championship | 41 | 4 | 2 | 0 | 1 | 0 | — | — | 44 | 4 | ||
Borussia Dortmund | 2020–21[14] | Bundesliga | 16 | 0 | 3 | 1 | — | 6 | 0 | 1 | 0 | 26 | 1 | |
Total | 57 | 4 | 5 | 1 | 1 | 0 | 6 | 0 | 1 | 0 | 70 | 5 |
Selección nacional
[editar | editar a fonte]- Actualizado a 6 de febreiro de 2021 [15]
Selección | Ano | Aparicións | Goles |
---|---|---|---|
Inglaterra | 2020 | 1 | 0 |
Total | 1 | 0 |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Selección de Inglaterra sub-17
- Copa Syrenka: 2019[16]
Individuais
- Gol da Tempada co Birmingham City sub-15/16: 2018[17]
- Premio por Logro Especial co Birmingham City: 2018[17]
- Xogador do Torneo da Copa Syrenka: 2019[18]
- Xogador Novo do Mes de novembro da EFL: 2019[19]
- Xogador Novo do Ano do Birmingham City: 2019–20[20]
- Xogador Novo do Ano da EFL: 2019–20[21]
- Promesa do Ano na Segunda División inglesa: 2019–20[21]
- Promesa do Mes de setembro na Bundesliga: 2020[22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Bellingham creates Blues history" (en inglés). Birmingham City F. C. 6 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Revealed: Birmingham City confirm 26-man squad for Portugal tour" (en inglés). Birmingham Mail. 7 de xullo de 2019. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Birmingham City 2-1 Stoke City" (en inglés). BBC Sport. 31 de agosto de 2019. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Chelsea submit bid for Man Utd target as player’s father has doubts over Old Trafford move" (en inglés). 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 "Jude Bellingham to join Borussia Dortmund" (en inglés). Birmingham City F. C. 20 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "Bellingham expresses his gratitude" (en inglés). Birmingham City F. C. 23 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ "The youngest goalscorer and the fastest goal by a substitute" (en inglés). Borussia Dortmund. 14 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2020.
- ↑ "Lazio 3-1 Borussia Dortmund" (en inglés). BBC Sport. 20 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "Academy - Highlights of the Month" (PDF) (en inglés). Birmingham City Academy. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "New England MU17s boss Kevin Betsy will take his squad to Poland for the Syrenka Cup" (en inglés). The FA. 30 de agosto de 2019. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Kosovo U21 0-6 England U21" (en inglés). BBC Sport. 4 de setembro de 2020. Consultado o 4 de setembro de 2020.
- ↑ "Jude Bellingham added to senior England squad as duo withdraw from November fixtures" (en inglés). The FA. 10 de novembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ "England 3-0 Republic of Ireland" (en inglés). BBC Sport. 12 de novembro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ Perform Group. "J. Bellingham: Summary". Soccerway. Consultado o 6 de febreiro de 2021.
- ↑ worldfootball.net. "Jude Bellingham: Internationals". HEIM:SPIEL. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Young Lions lift the Syrenka Cup with a penalty shootout win over hosts Poland". The Football Association. 10 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.
- ↑ 17,0 17,1 "Lubala and Harding at Blues Academy Awards". Birmingham City F.C. 17 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2019.
- ↑ WESZŁO! (10 de setembro de 2019). "Puchar Syrenki U-17: Przegrywamy po karnych z Anglią" (en polaco). Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Townsend, Joe (BBC Sport) (23 de decembro de 2019). "Jude Bellingham: Birmingham City teenager wins EFL Young Player of the Month award for November". Consultado o 27 de decembro de 2019.
- ↑ "It's a double for Juke". Birmingham City F.C. 29 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2020.
- ↑ 21,0 21,1 "Sky Bet EFL Players of the Season revealed". EFL. 27 de agosto de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Bundesliga Rookie Award". Bundesliga. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jude Bellingham |